Boas,
Vai por diante que non me chista nada o da ampliación faraónica para un evento puntual como é o mundial. Eu penso que Riazor precisa mais aforo, pero unha cousa lóxica para que non se vexa baleiro.
Dito esto, dende a distancia, semella que o proxecto de Balaidos entrou tarde e un pouco con calzador. No primeiro listado non estaba, despois si incluiuse. Certamente, os criterios son moi pouco claros de que é o que deixa fora os proxectos que non pasaron a creba, claramente son totalmente políticos, e o que entre, irán con todo para que cumpra como sede.
Como dixen, non teño nin vexo ningunha especial ilusión na cidade porque sea sede Riazor, como tampouco vexo especial interese en xeral en este foro porque Balaidos o sexa. Outra cousa e o tema político, que como sempre, fan o que lles poña mais no escaparate a eles. Encima coa federación e FIFA polo medio, unas "institucións" corruptas a tope, que se moven só polo interes dos que van trincar comisións millonarias.
En fin, non sei que faría a Inés Rey se fose ó revés, pero penso que Caballero hiperventila un pouco de mais, que mire no seu partido, os seus compañeiros son os que andan nas decisións de estos temas (xunto cos mafiosos da federación en FIFA).
Saúdos!