Quería dar a miña visión sobre este debate de comparar ambas afeccións, tan de moda estas últimas semanas.
Para min ambas afeccións son similares en número, pero é evidente que eles acuden máis ao estadio. Expoño os seguintes motivos polo que penso que é:
-Estadio: Evidentemente, Riazor é un estadio moito mellor, e ademais os fondos son grandes, polo que hai máis butacas "baratas".
Balaídos é vello e incomodo, e nos fondos non se ve adecuadamente. A ver se cando teñamos nós o novo estadio (alá por 2040), cos fondos grandes que están plantexados, se o clube fai as cousas ben poderíase volver a ver boas entradas e socios en Balaídos, é unha boa oportunidade, agardemos que os de sempre non a estraguen.
-Cidade/idiosincrasia:- Moita xente de Vigo non fica na cidade no fin de semana. Por outra banda, como dixo arriba cajaraville, eles son unha cidade e afección acrítica, a veces parecen unha secta. Os vigueses e celtistas somos moito máis críticos. Un exemplo tamén é ver onde soen ser as principais manifestacións de calqueira índole, na Coruña non se soen ver. Aquí quizais non vamos 30.000 a Balaídos, pero sí houbo manifas de 200.000 persoas non fai moito.
Tamén penso que ter un grupo ultra (Riazor Blues) numeroso e con tanta "liberdade" de movementos, axuda a ter máis asistencia. Aquí co tema de Siareiros Celta Vigo estase intentado, pero fai falta máis. Antes aquí habia os Celtarras pero penso que era un grupo moi distinto a RB. A grada de fondo en Balaídos, tan lonxe do campo, tampouco axudaba para crear ambente.
-Prezos: En xeral, soen ser lixeiramente máis caros os abonos do Celta, e con moi poucas ventaxas/promocións, cousa que o Coruña si coida moito máis e con mellores resultados obviamente.
-Equipo: Evidentemente a situación deportiva do Celta actualmente é mil veces mellor, pero non hai que esquecer que nas boas etapas o Coruña gañou cousas e nós non. Non é tan trivial como parece, creo que o celtista é máis pesimista en xeral por este motivo, pensando en que as cousas -como en moitas ocasións- sairán mal, en definitiva a sofrir e perder (as finais de Madrid e Sevilla, as semis de Berizzo, etc...). Parece unha tontería pero non o é, seguramente un título dos que se perderon cambiaría a mentalidade, ter recordos desa máxima gloria -que o Celta por desgraza non alcanzou- tamén axuda a ver o presente e futuro con máis esperanza. Ao final hai xente que asocia ir a Balaídos ou o Celta con sofrir, eu coñezo unha persoa que deixou de ir a Balaídos porque sofría demasiado nos partidos e non lle ía ben para a saúde. A día de hoxe por saúde case nen mira os partidos, o resultado só.
-Trato aos socios:
Neste apartado, o trato do Celta o afeccionado daría para unha novela de medo. Non descubro a pólvora. No meu círculo familiar e de amizades, os últimos anos deronse de baixa máis de 20 socios, por motivo do rumbo social do clube (por exemplo: As mentiras nos prezos/campañas, trato do clube, desafección con Mouriño...). Seguen sendo celtistas a morte, pero é xente que xa vai ser complicado recuperar (quizais cando xa non esté Mouriño, ou cambien 180º o rumbo social do clube).
Penso que o tema de Caballero-Mouriño, do estadio e o de Mos, está afectando tamén máis do que pensamos á desbandada en Balaídos.
O Coruña tivo malas directivas últimamente, pero penso que o tema social sempre o levaron ben. Ademáis non teñen ningunha guerra montada co cConcello, nin con comunidades de montes, nese aspecto socialmente están moito máis cohesionados.
Dito isto, non podemos cair nas falacias que soltan dende o Norte. Para min non están para sacar tanto peito (aínda que o fagan sempre...iso xa é endémico deles). Se tan boa e fiel é a súa afección, onde están os 10.000 socios que lles faltan?
Non podemos esquecer que en Riazor nos últimos anos houbo entradas de 8.000-10.000 persoas en partidos de Liga. Vale que non era un partido de Primeira, pero se tan "grandes" son, por qué non estaban 25.000 en Riazor para ver ao seu amado "Dépor"??
En fin, que nin uns son tan malos nin outros tan bos.
Perdón polo tocho, pero e que este tema da para moito debate e matiz.