Colleume o final da primeira parte voltando do chollo no coche e pola radio só falaban de ocasións do Pontevedra. Xa na casa vin a segunda parte e efectivamente foi un monográfico. É certo que os equipos de segunda pasan bastante da Copa (máis que os de RFEF, bastante máis), a metade xóganse a vida por subir a outra metade por non baixar e non poden permitirse o luxo de distraerse. Certo tamén que levaban todo o partido cún menos. Pero bueno, bastante bochornosa a imaxe do Levante. Non sei nin como aguantaron vivos até case o final porque o partido era de 4-0 ou 5-0.
Yelko, un recital. Tamén era o escenario perfecto pra él, con espazos e tremendo buraco no medio. Pero o resto de compañeiros tamén, a verdade é que fixeron un partidazo. Se non quedan primeiros este ano non sei cando van subir porque teñen xogadores de parte alta de 1ª RFEF. E xogársea ó plaioff é unha lotaría, xa o viron eles mesmos a tempada pasada ou o Depor non seicantas estes últimos anos.