Entendo a tua proposta, sen embargo eu penso que debe permanecer coma xogador do equipo mentres teña contrato en vigor, xá que esa é a realidade.
A miña opinión persoal é que non debe seguir nin un día máis, e agardo que se inda non o cesaron é porque están buscando a fórmula de que iso non custe unha millonada.
Se fica moito máis dentro do plantel, que sirva tamén coma escarnio velo dentro do equipo. Se o apartamos nós e sigue sendo xogador, penso que é negar os feitos e construir realidades paralelas.
Os que agora o borran da web son os mesmos que o ficharon sabendo que tiña un xuizo pendente e que inda así o ficharon, así que non veñan de santiños.