Se se me permite aportar a miña opinión, creo que os seis anos que botei moderando en Delceta poden servir para algo. Totalmente de acordo co de non crear un apartado específico para os informadores. Ao final iso sería coma crear categorías de foreiros e non creo que case ben cunha política de foro aberta e igualitaria. Vai ser máis traballo para os moderadores, pero o control das faltas de respecto debería quedar a súa discreción.
Dito iso, gustaríame comentar dous puntos que para min foron os máis delicados durante a moderación. Así a bote pronto parece que as normas son moi claras, pero logo hai moitos grises e creo que é conveniente comentalo:
1)
As faltas de respecto: insultos, motes, e expresión divertidas. Así de primeiras parece claro que as faltas de respecto deben estar prohibidas, pero chegaráo día que perdamos un partido (ejem...) e comecen a chegar mensaxes tipo "paquete", "máis malo que non sei que" ou "tronco". Moitos destes termos son de uso cotidiá no fútbol e a súa prohibición parece excesiva, pero haberá casos de xente que os use a menudo e que pareza que tan só queren desfogarse, facendo o termo aceptable ou non según quen o utilice. En definitiva, quedarán á interpretación do uso que parece que o foreiro lle queira dar. Isto cando as cousas van ben non importa, pero cando os resultados non acompañan, como nos dous últimos anos, pode chegar a facer algúns fíos insoportables.
2)
Os foreiros que seguen a outros equipos. De momento supoño que non hai ningún, pero se o foro crece chegarán. De primeiras é evidente que, coma seguidores de outros equipos, están en territorio
enimigo e deberían ir con coidado. Sen embargo, é lícito que teñan opinións contrarias á opinión maioritaria e que non son censurables. Eu vivín varias situacións desagradables en Delcelta con varios foreiros que levaban moitos anos porque parecía que tiña que sacar o látigo con certas persoas, o que xerou moitas discusión. Poño un exemplo: pedíanme que banease a un foreiro porque dixo que o feito de que o Coruña xogase a última xogada máis tarde (caso Fuenlabrada) lles perxudicaba, independentemente de si era legal ou non. Como vou a banear a ninguén por iso? Pero por non facelo houbo páxinas e páxinas de acusacións no fío correspondente.
En fin, o que quero dicir é que ás veces as normas teñen un alcance limitado e son os moderadores os que teñen que marcalo límite do que é tolerable. O problema será se ese límite non está claro, porque as decisións parecerán subxectivas e haberá foreiros que se sinten perxudicados. Non sei se haberá algunha forma de manexar isto.
Outro tema, que se me acaba de ocorrer pero é importante:
os baneos. Non creo que haia que facer un cónclave cada vez que queredes banear a alguén, máis que nada porque ás veces estas decisións teñen que ser rápidas, pero coido que os motivos deben estar claros cristalinos. Non digo que o fagades público, que iso é mala idea, pero a lo menos en privado debería haber unha explicación razonada cos motivos e, se se pode, cunha relación de infraccións, para que os outros moderadores tamén podan valorala decisión. Non nos enganemos, todos somos persoas e a obxectividade total non existe.
eu penso que non ten moito sentido permitir os avatares con contido político.
Completamente de acordo, pero o control de avatares que había en Delcelta chegou a ser ridículo.
Disculpade polo ladrillo.