Pero vamos a ver, hoxe xogaron: Dituro, Mallo, Murillo, Tapia, Denís, Cervi e Nolito. Todos eles, ou foron titulares o ano pasado da gran remontada co Chacho de adestrador, ou ficharon este ano e son titulares agora. Ademáis, tamén xogaron Aspas (entrou co partido empatado), Mina, Brais, e Beltrán. Co equipo de gala sobre o campo, agás Carlos por Araújo, o Celta estaba empatado cun 2ªB. E perderon. Non foi resultado de ter un plantel curto, nin de que os suplentes non teñan calidade. Hoxe, dende o 67, empatados, xogou o equipo de gala. E perderon.
Por certo, sinalou a alguén en concreto na rolda de prensa o noso querido adestrador? Afirmou que os de 2ªB non teñen o mesmo ritmo nin físico que os de primeira?
Que raro que na tua lista deixes a os da canteira fora , que tamén teñen culpa , digo eu ¿ eh ? , resumindo , a culpa do Chacho , creo que ademais do Chacho , que fai moitas cousas mal , no equipo tamén hai 22 xogadores , xa sei que a algúns vos da urticaria botarlles as culpas xa que collestes a o Chacho de mono como fixestes con Berizzo , sobre todo si son do pais e noviños os que saen a o campo , pero o Chacho hoxe non estaba xogando contra un EQUIPO DE SEGUNDA B , repito , UN PUTO EQUIPO DE SEGUNDA B que nos gañou por dous a un dando puta pena na primeira metade , o seguinte que vos queda supoño que será botarlle as culpas a Onesimo , home por favor , que fixemos unha primeira parte espantosa .
Hoxe o Chacho fixo rotacións , meteu canteiráns , moveu o equipo , pero nada , a pesares de facer todo o que sempre se lle reclama , ti entre eles , estades os de sempre resumindo o conto en que a culpa e del e a excusa xa e si fixo declaracións na rolda de prensa ou si o neno mama leite de burra , machiño , o conto xa cansa , o Chacho terá culpa pero no campo estaban os que tiñan que sacar isto contra un SEGUNDA B , e facede o favor e taparvos por que hoxe a xente que non e titular fixo un RIDICULO ESPANTOSO , xa sei que vos jode por que son da vosa corda , pero e o que hai .
En fin , estes bois temos e con eles hai que labrar , e hai que apoialos nas boas e nas malas ,sexan do pais ou de fora , pero está claro que a coherencia xa se ve que non sobra neste foro , jode pero hoxe PALMARON TODOS , o Chacho e os que non xogan habitualmente CONTRA A UN SEGUNDA B , cona .