Ese ano creo que estaban de suplentes Guidetti e Beauvau, e en xaneiro chegou Lucas Boyé.
Pero Borja Iglesias destacou tres anos seguidos no B antes de Maxi, anos nos que a dianteira a formaban Aspas e Guidetti, pero tamén contaban con minutos Dennis Eckert e Rossi.
Non sei, para min que houbo oportunidades máis que de sobra para darlle minutos. Outra cousa ben distinta é que a Berizzo non lle dese a real gana.
De feito, se mal non recordo o ano de Maxi Unzué quería probalo na pretemporada pero el quería saír sí ou sí, así que non chegaron a coincidir os dous.