Boa noticia a ausencia de Fekir, o seu mellor xogador. E logo a maiores hai que ter en conta o desgaste que levan polos 120 minutos xogados o Xoves, que ademáis acabaron perdendo, o cal é todavía máis desmoralizante.
E xogamos no noso campo.
Non nos vexo inferiores ao Betis, igual que non o somos ao Villarreal.
Isto se trata de sair con intensidade, a xogarlles cara a cara sen medo, e aproveitar as oportunidades que teñamos. Eles teñen un bo equipo, pero nós tamén temos armas para facerlles dano.
A ver si volve o Mina de antes, que recupere o olfato de gol, porque os seus goles fannos falta e Galhardo non ten gol (non é mal xogador pero non ten gol, non é dianteiro).