O bo para o Celta hoxe é que non creo que xogue Bale. Ese fulano sempre facía partidazos contra nós, nos ten feito moito dano coa súa velocidade e profundidade.
Pero se xa non xogaba antes, despois da que liou a semana pasada que se volveu rir do Madrid si que non vai xogar máis.
Logo pode xogar Asensio, ese tamén pode ser perigoso. Igual se pasa 70 minutos sen facer un carallo e de repente colle un balón na frontal e a clava pola escuadra. Ou ben nunha contra tamén nos pode facer dano. O tercer goleador do Madrid tras Benzema e Vinicius.
O mellor para o Celta sería que xogase Rodrygo, que ainda que é bo xogador é o menos perigoso dos seus atacantes.
Na media supoño que xogará a CMK, coma sempre.
Eu se fose Coudet quizáis xogaria cun 4-4-2 con Denis un pouco escorado cara á esquerda, Tapia e Beltrán polo medio e escorado á dereita pondría a Solari para axudar un pouco a Kevin contra Vinicius.
Iso na media.
Na defensa pondría Kevin-Aidoo-Araujo-Galan.
En ataque Iago-Brais.