Típicos partidos contra un rival aparentemente asequible pero que nos acaba complicando o partido.
Rivais sen moita pólvora en ataque pero moi pechados e ordenados atrás, que non atopas os ocos para entrar.
Encima ese equipo, nese campo, nunca se nos deu ben xogar contra eles.
A súa táctica..... deixarnos o balón, pecharse ben atrás e esperar algunha contra ou erro da nosa defensa, ou intentar facernos gol a balón parado, ou rascar algún penalti tonto por algún erro noso.... vamos, o que espero da maioria de rivais que se enfrenten contra nos.... facer un partido de merda e marcarnos nalgunha xogada aislada.
O importante é que estemos finos arriba e moi atentos atrás, que non lles demos ningunha oportunidade, facerlles gol canti antes... vamos, o mesmo de casi sempre.
Canto máis tardemos en marcar gol, máis perigoso se volverá o partido para nos.
Non vai ser nada doado.
Pero temos que gañar. Importante chegar ao parón de seleccións co colchón de 11 puntos para poder gañar confianza e respirar un pouco.
Non se pode fallar, ademáis este é un rival da nosa Liga, e o seguinte xa é o Sevilla.
A por eles con todo.