As miñas sensacións previas ó partido son as de que nós chegábamos como motos despois dunha pretemporada invictos e de moito traballo físico e eles con moitas dudas, con una pretemporada en cuadro e si ter gañado ningún partido, e xogando na casa, parecía bo momento para gañarlles.
Visto o partido, quedei un pouco desencantado, e non polo resultado, que tamén, pero é que non conseguimos trenzar unha xogada nin tirar un tiro á súa portería en toda a primeria parte, home a home eles eran moito máis fortes e contundentes, e ainda que tampoco xeraban moito co seu xogo, bastoulles cunha mala defensa pola nosa parte e un zapatazo á portería para irse con 0-1 ó descanso.
Na segunda parte xa buscamos un pouco máis. O penalti, aínda que os medios forofos de Madrid dicen que non era por ser involuntaria, tendo en conta os criterios e vídeos emitidos pola federación fai a penas uns días para sinalar este tipo de penas máximas, era clarísimo. Estaba vendo as repeticións e pensando neses criterios e tiña claro que tiña que pitalo, pero claro, o árbitro era Munuera Montero e podía pasar de todo, pero ó final estivo correcto o trencilla. E cando pensaba que as cousas iban empezar a sair ben, zas, segundo tiro á portería deles e segundo chicharro. Xa contra o final e co partido tolo tivemos as nosas, as que non se poden fallar pero que nós sempre fallamos.
Conclusión do partido: Que eles tiraron tres veces á portería e meteron dous, e nos fóra o penalti, tivemos tres moi claras e non aproveitamos ningunha, e se non marcamos non podemos gañar.
Valoración personal: Porteiro: Non sei se Dituro puido facer un pouco máis no segundo gol, a min pareceume que encolleu un pouco o brazo, pero co visto neste partido non é suficiente para saber se merece ou non a titularidade por diante de Ruben Blanco. Sin paradas que destacar o único que puiden observar é que me pareceu que estivo lento na saída de balón, e quedei coa sensación de que con Ruben na portería o resultado houbese sido o mesmo.
Defensa: Non me gustou, non entendo que pintaba onte Araujo no campo tendo en conta que chegou tarde e apenas puido traballar co grupo na pretempada. Non sei se Aidoo o houbese feito mellor, pero dende logo Coudet meteulle un bo pau no lombo xa no primeiro día e que igual non o merecía. Os tres tiros entre os tres paus do Atl. veñen por erros no centro da defensa. O terceiro salvouno Dituro.
Centro: Totalmente superados polo Atl., moito máis fortes físicamente, que se levaban tódolos balóns divididos
Ataque: Moi espesos, aínda así recibiron un par de balóns filtrados á espalda da súa defensa e tivemos as nosas ocasións, que como dixen antes, non soupemos aproveitar.