Sen ser unha campaña fora de serie, polo menos podense recoller detalles positivos. Alomenos vese no clube predisposición a solucionar a fractura social.
Un xesto cos ex-socios máis recentes, que se poden reenganchar sen cuota de alta.
Penso que o clube no futuro debería replantexar os prezos, que poderían ser un pouco máis baixos. Hai que darse conta da situación que atravesan moitas familias, non todo o mundo pode pagar o abono tan fácilmente nos tempos que corren. En especial os socios que veñen de fóra de Vigo, se lle sumas os gastos da viaxe cada partido, é complicado.
Por comparar, na maioría de zonas dos fondos do Novo Anoeta, o abono adulto non chega a 300 euros (entre 240-290 euros), aquí por GOL actualmente hai que pagar 320, cando é unha grada bastante peor. Aquí a máis cara 693 de Tribuna, e en Anoeta o máximo serían 675 na zona máis céntrica dun lateral.
Por non falar de que en San Sebastían a xente ten un nivel adquisitivo bastante máis alto que en Vigo e comarca.
Ben polo clube por iniciar este camiño "conciliador", pero creo que todavía se pode mellorar bastante.
Xa o dixen algunha vez, agardo que cos novos fondos o clube faga as cousas ben e non metan un sablazo, debería ser prioritario nun futuro que os novos fondos estean cheos de socios sempre.