Visto o nivel de decepcion que adoito ler dende o domingo en boa parte do foro creo que xa é hora de resucitar, por cuarta vez (xa non sei cantas son, pero catro fixo), un vello fío que nos trae a todos/as algunha que outra lembranza. Comezo.
Algúns dos nosos profetas coma San Aidoo, San Tapia ou San Iago estou seguro que non se renden e profetizan que imos acadar a permanencia en contra dos que, sendo uns agoreiros de carallo, xa nos ven sen negunha posibilidade. Pois non, eu négome. Son un crente fervoroso da Cofraría e vou encomendarme a San Iván e San Jorgen xunto aos outros apóstolos do fútbol celeste (algún en terras lonxanas coma San Pepe Bordalás). Iso sí, os agoreiros tedes razón nunha cousa: o domingo deiteime desencantado e cabreado pero hoxe estou outra vez optimista.
Así que agora, vos os crentes e mais eu estamos no mesmo barco. Eu o domingo, ao rematar o encontro, tiña perdida a miña fé e pensaba que xa non tiñamos posibilidades pero hoxe insisto que levanteime optimista. Eu agarrareime a ese Cravo Ardendo que pertence a partes iguais á afeción (que seguro vai estar espectacula), a Carvalhal e á Directiva (sí, xa sei, xa sei, pero é tempo de perdón e remar todos a unha) coma eses misoneiros que viaxan a adoctrinar indíxenas por Sudamérica, e ós xogadores que teñen amosado que cando xogan, non hai quen de detelos...
O caso é que así estamos, un feixe de irreductibles celtistas agarrados a un Cravo Ardendo que está cravado nun paragüeiro que nos obsesiona dende que comezou a torcerse a cousa hai dez xornadas. E todo porque, tras 11 anos na elite, voltamos a sufrir unha vez mais coma o que somos: celtistas. E o Celta foi creado para sufrir mal que nos pese. E agora é tempo de sufrir, meus queridos cofrades. Moitos de vós sodes moi noviños e só lembaredes algúns, coma xa algo moi antigo no tempo, o EuroCelta. Pero os veteranos temos o cú pelado de ver auténticos "gloriosos" no noso estadio (Calvo Sotelos, Alcoyanos, etc.) e ver cómo o noso equipo fixo o ascensor perante lustros. Imos aprender a valorar as cousas canda veñen ben dadas e a non laiarnos cando veñen mal dadas.
Eu comezo a partires dagora a confiar nestes xogadores e adestrador para acadar unha victoria balsámica nun esceario de película coma é A Nosa Catedral. E diante do campión de Liga para que dea mais lustre á cousa. E para iso decidín apuntarme á Cofraría do Cravo Ardendo. ¿Alguén mais quere un carnet? Imos necesitar unha morea de xente para sacar a adestrador, xogadores e directiva a hombreiros ó final do partido (o que fagades logo xa tal).
¡¡¡HALA CELTA!!!