Coincido. Ademáis, tendo en conta o mentalmente débil que demostrou ser esta plantilla, non sei nin se lles fai ben meterse tanta presión. Carvalhal dixo que están a preparalos partidos que quedan como finais, pero resulta que ante o Valencia se concentraron o día antes do partido e saíron ao campo peor que nunca polos nervios (dito por el). O destes xogadores a veces roza o ridículo.
Que se calmen, que entendan que están nunha posición relativamente cómoda para estar metidos no fango, e que xoguen concentrados. Non teñen que facer nada máis.