Eu vendería a Brais para traer a De Frutos. Sería o primeiro que faría.
O segundo traer libre a Seoane e pagar unha pequena cantidade por Giannetti para aumentar a competencia no medio e na defensa.
E logo iría a por libres. Ademáis de Seoane, gústanme os Bardhi, Cristian Pavón (que non sei se o pechou por un brasileiro ou pasa como con Joselu que é todo fume), Origi ou Januzaj serían a ostia se non cobrasen pastizales. Non controlo moito a Xeka pero pode ser boa opción de vender por un pastizal a Tapia (do que sou fan e me jodería a súa venta). Hai un xogador que sempre me pareceu diferencial en equipos de segunda línea, cunha calidade brutal, que tamén queda libre, e chamase Sofiane Hanni, pero nin eu teño claro do nivel que podería dar nunha liga top. Calidade ten por enriba da media, pero no físico. Outro de moita calidade que presenta dudas físicas é Ferhat.
En Decembro tamén terminan contrato ademáis do central Giannetti, Boschilia e Hany Mukhtar, un ex de Coudet e pilar no seu Internacional, e o outro un xogador que como Hanni sempre destacou en ligas de segunda liña.
Vellos amigos meus como Boufal ou Darwin Machís poden saír moi baratos tamén xa que rematan contrato en un ano, e seus equipos agora mesmo son menos atractivos que o Celta penso eu.
Para a posición de Denis se sae, Rafinha ou Lo Celso son moi bos.
Non perdería o tempo pensando que o Celta vai vender a xente do nivelazo de Galán ou Aidoo no seu centenario. E tampouco penso que traían xogadores de volta de todo, sen posibilidade dunha futura venta no horizonte, ou a lo menos cunha capacidade para subir o nivel do equipo palpable, como pode ser Aspas e como sería Silva se o físico lle acompañase.