Carallo Rafa Mir , Mariano , Mayoral , Raul De Tomas , e xa de paso botamos ao Chacho e traemos a Guardiola .
Aquí xoga un tipo chamado Iago Aspas que está a un nivel similar a todos eses, e incluso superior a algún deles.
Tamén xogou aquí un tal Alexander Mostovoi.
Un tipo chamado Valery Karpin.
Un tal Mazinho...
Quizáis o escollo en moitos casos sexa o diñeiro que habería que desembolsar.
Pero eu só marco o camiño a seguir.
Hai que apuntar alto sempre. Houbo unha vez que estivemos a punto de chegar á final da uefa. Goleamos á Juve en Balaidos, nos cargamos ao Liverpool en Anfield... onde quedou ese espíritu??
Hai que tratar de progresar sempre, conformarnos con ser uns mindundis de media tabla non é opción.
Mirade ao Villarreal onde está, gañou unha uefa e agora vai disputar unhas semifinales de Champions contra o Liverpool (habiendo eliminado antes a Juve e Bayern).
Por qué non podemos ser nós o próximo Villarreal?
Ese é o espello no que deberíamos mirarnos.
Eu quero que o Celta faga algún día o que o Villarreal está facendo agora, e tamén gañar unha Copa do Rei como Valencia, ou Athletic....
Non me conformo con ser como un Osasuna ou un Elche.
Hai que mirar alto, un Supercelta, iso tamén é bo para a cidade de Vigo, e para Galicia.
E que volva o Depor a Primeira tamén, carallo!