Se queda impune por qué se ía seguir apartando?
A xustiza, sobre todo en primeira instancia, adoita darlle a razón á vítima de abusos sexuais, pero, en segunda instancia adoita ser máis garantista co agresor.
A min hai unha cousa que se recoñeceu no xuízo que non me casa moi ben coa condea: en canto ela lle fixo a Mina que parase, el parou. Coa lexislación en vigor no momento da agresión, máis favorable ao reo, non o vexo eu como condeable a unha pena de prisión.
En resume, que é probable que saia inocente ou culpable pero cunha pena inferior e que non teña que entrar no cárcere ou incluso que acabe chegando a acordo coa rapaza.
Os posibles escenarios son:
1- se sae inocente, continuamos lapidándoo na praza pública?
2- se chega a un acordo ca vítima (así que el recoñece algo de culpa pero tamén cabería interpretalo como unha cesión a unha chantaxe con tal de non arriscarse a entrar no cárcere), nos como sociedade non poderíamos chegar tamén a un acordo con el?
3- No punto 2 teño dúbidas de cal sería a miña postura, pero no caso de que saia condenado, sen acordo, pero cunha pena que non o prive de liberdade, para min nese caso no Celta non debería continuar, ainda que legalmente puidese.
4- Sae condenado e ten que ingresar en prisión, así que a rescisión do contrato sae de balde.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk