Eu cos rapaces do B teño a miña propia teoria.
Aparte de que parece estar claro a lei de que "ou renovas ou non vas o A" penso que este ano con todolos cambios que houbo no B, subindo a todolos xuvenis, e logo empezando a liga con titubeos igual non subiron a xente de mais peso por medo a descender de categoria.
Agora que parece que a maquinaria esta a punto e vai, podiamos dicir de maravilla, posiblemente algun que outro vaia subir. O que pasa e que nos atopamos cun contratempo que posiblemente non contemplasen de inicio. A mala situacion do primeiro equipo. Esta situacion e moi facil que faga pensar aos mandamais de cada seccion que no B non hai solucion inmediata (ainda que esten equivocados).
E en menor medida tamen está outro punto, tamen pouco contemplable ao inicio, de que o B este a piques de alcanzar o Play off cunha dinamica rompedora e non van sacar aos primeiros espadas e baixar o ritmo.
Por estas duas cousas penso que os que suben ao primeiro equipo son xogadores en terra de ninguen. Son xogadores que non hai nada que perder con eles, nin son pesos pesados do B, que levan o filial en voandas, nin pasa nada se van co 1 equipo e perden ritmo por non xogar en ningun lado.
Pero bueno, e unha opinion moi persoal e pode que sen moito sentido e criterio.