Non sei que carallo se lle pode achacar ao clube en ningún destes casos. Mayoral decidiu que quería quedar en Madrid, a Mariano non o podemos pagar, Bakambu non se decide a vir e Luis Suárez marchou cando aínda estabamos pelexando por traer a Mayoral (19 de xullo, Mayoral decide quedar no Getafe a principios de agosto). Que igual podían deixar a opción Mayoral de lado e traer a Luis Suárez? Si, pero ao mesmo prezo (10 millóns) decidiron que preferían ao outro. Esas cousas pasan, a veces tes que tomar decisións e non sempre saen ben.
Zlatan, ahí non di que o clube non quixera esperar por Luis Suárez. Di que non se decidiron a fichalo e o xogador marchou a outro lado.
Cavani non sei que nivel terá agora, pero ten 35 anos e a saber a ficha que ten. Igual valoraron a opción e decidiron que non lles compensaba. A outra cousa, que non vamos a traer ao primeiro que pase só porque nos falta "número". Se ven alguén que sexa porque interesa.