A min o inglés paréceme imposible. O que me extraña é que tendo a nacionalidade inglesa ningún clube da Premier fora a Blackburn a por 20 ou 25 millóns enriba da mesa, cifra moi asumible pra eles.
Dos nomes que dá Pi, eu apostaría antes por Larsen. Por xuventude e marxe de mellora. Como veteráns xa temos a Aspas e Paciencia. A dianteira vai necesitar renovación máis temprano que tarde e mellor empezar canto antes, que o xogador medre aquí.
Estos dous partidos, nos minutos que xogamos sen Paciencia, sen referencia arriba, non me gustaron en exceso. Aspas é un xogador que se move por todo o campo, necesitamos unha referencia. Mandar balón largos e ver como Aspas e Carles nin saltaban a por eles (para que, imposible gañar algún), ou ver a Galán listo para centrar e que estiveran Carles e Cervi para rematar na área... é moi duro de ver.
O de poñer a Aspas e Carles xuntos arriba pode ser unha solución puntual a unha situación concreta, pero lonxe de ser algo habitual. Precisamos unha referencia. Nese aspecto convénceme máis Larsen.