É que o de valer ou non valer,sábese co tempo,efectivamente. Todo o demais, é especulación en base a unha expectativa rendemento futuro.
Xogadores coma Ben Yedder,Robinho,Bojan,Oliver Torres... Parecían chamados a estar entre os máis grandes e...A historia e que os colosos económicos deste deporte poden palmar moita pasta xogando a ser adiviños fallidos, pero aos de clase media,media-baixa igual facerlle tanto as beiras á deusa fortuna sáenos coma o carallo.
A cuestión é se Larsen pode dar rendemento a curto prazo e se o Celta pode permitirse pagar 12 millóns por unha aposta (que,ao mellor, si que pode e ao mellor, ata sae ben). A min, é que aínda me dura o emremorismo agudo...