Por aquí teñen pasado moitos adestradores, algúns deles con bastante bagaxe e bo currículo coma Óscar ou mesmo Mohamed, pero non todos funcionan. Curiosamente os que mellores resultados deron nos últimos anos foron os tres de máis carácter e, quizáis, mellores motivadores: Luis Enrique, Berizzo e Coudet. Evidentemente cando un adestrador é bo todo é máis fácil, pero sería conveniente valorala idiosincracia do equipo para buscar o perfil que mellor se adapta. Moito máis se ven a mitade de tempada co equipo feito.
Logo, evidentemente, se Luis Campos se saca a chorra no mercado e ademáis traemos a Pellegrini, pois as posibilidades de ter éxito aumentan. Eu falo dun contexto xeral.
PD.: non me gusta nada o de estar a falar de adestradores.