A min tamen me deixou de convencer a idea de Coudet e penso que aqui xa esgotou o seu tempo de cara a unha nova tempada. Pero ollo co que se traeria para o seu sitio como ben dicides por ahi.
Non sei agora mesmo como esta a plantilla a nivel mental, pero eu recordo declaracions de xogadores cando tiñamos autenticos "gurus inventores" do futbol coma Oscar Garcia, Luisiño Enrique e mesmo Unzue, dicindo que non acababan de entender moi ben o que queria este tipo de adestradores. Demasiada informacion e datos tecnicos se cadra, para quen non sabe asimilar eso.
Por iso aqui funcionaron moi ben Berizzo, Chacho, e incluso penso que se Mohamed viñera coñecendo os seus xogadores e a Liga ata poderia facer algo. Porque son tipos que priman a disciplina, esforzo, moito traballo, con ordes claras do que hai que facer e motivadores (bueno o de Mohamed se cadra paseime algo, pero quen sabe)
Cando a certo tipo de xogadores lles programas demasiado o seu traballo, e dicir; "fas eso, pero si che pasa esto tes que facer esto outro e logo si o balon o ten aquel pero antes pasou polo numero 3 vaste a banda e se pasou polo 7, corres para o outro lado.....pero durante este tempo se eu che grito desde aqui das tres voltas sobre ti mesmo e volves a posicion inicial..." moitas veces non saben que facer.
Por iso este tipo de adestradores son para empezar unha temporada desde o veran e para un tipo de xogadores acordes ao seu nivel.
Non sei quen falou por ahi de Mendilibar, ou onde o lin, pero no caso dunha debacle a min pareceriame o unico indicado de todo o que hai por ahi libre.