Arre carallo, qué agonías. O plantel era malísimo cando chegou Coudet e co mesmo plantel fixemos números de Europa.
O ano pasado tivemos unha temporada tranquila pese a xogar o sinsangue de Brais, pese a que Denís só xogou catro partidos bos e pese a que Araújo recuou en todos os partidos sen participar defensivamente en ningunha xogada.
Este ano para o sitio de Brais fichamos a Óscar que ten unha calidade tremenda, para o de Araújo fichamos a un internacional por España e por riba basco, e para o posto de Denís fichamos a unha revelación dos USA na Eredivise e temos ao protexido da canteira que agora xa está para iniciar o salto.
E falamos de descenso?
A ver se nos vai entrando na cachola. Pódese configurar o plantel como nos sala do carallo: podemos activar palancas, podemos tirar de experiencia, buscar o exótico, perlas ocultas ou o que queirades. Con Coudet o plantel sempre vai parecer curto e falto de alternativas.
Enviado desde mi Redmi 5 Plus mediante Tapatalk