Por outra banda, para un xogo coma o noso, de esperar atrás e saír rápido, o campo e o tipo de equipo que é o Raio non son malos compañeiros, a priori, claro. Se estás concentrado atrás sacando centros, para un equipo que regala o centro do campo como o noso e nun campo tan pequeno e cun equipo tan de transicións e "loucura" como é o Raio, minimízase o factor sorpresa (nós teóricamente os vamos estar esperando, non vamos ir á loita no medio para que nos pillen por sorpresa con esa "electricidade")... e podemos sacar proveito dalgunha saída á contra. Quero dicir, que si hai un lugar en primeira división para prescindir do medio campo este é Vallecas, no que podes xogar ao tenis e que os do medio miren, que dito sea de paso é o que acostumamos a facer. Desta vez ao menos será algo derivado da natureza do campo. A ver qué pasa finalmente.