Benítez foi o primeiro que me creou apatía polo xogo, onde perder era o normal, onde non atacar era a base, onde meterse atrás era a norma; e viu este tipo calvo, e dixo nin de coña, xogade hostia, que non estamos feitos para esperar atrás, e a miña pataca voltou a vibrar dende o minuto 1, e aínda que repetísemos os mesmos erros do pasado a confianza e o ruxe ruxe por unha vitoria estaban intactos. E sufrimos como cans e o Miñoca Team non baixou os brazos, e intentámolo e empatamos e Manchetto voltou a correr e saltar pola casa tras moito tempo outra vez. Chegou o mítico penalti en contra, pero esta vez había confianza, nun fallo do tirador, nunha parada do noso Guaita, e non foi penalti e maracamos o segundo. Quedaba moito por diante, sabíamos como encaixamos co tristón sempre nos minutos finais por meter o autobús atrás, pero hoxe era diferente, cheiraba a palmatoria coma sempre pero o cheiro foise disipando cando Áspas caía, cando Jailson picaba a Navas. E pitou o tipo de negro o final. Voltei a correr por casa. Este é o meu centenario, isto é o Celta que amo.
Enviado desde mi SM-A546B mediante Tapatalk