O Granada é un equipo que por xogo e merecementos debería estar máis arriba e fora do descenso.
Dende logo non vai ser nada fácil éste partido, estarán descendidos pero competirán con honra ata o último partido desta tempada.
E espera que non apreten tamén polo tema de solidarizarse co seu veciño Cádiz, eu dos equipos andaluces non me fío un pelo...
Tamén dou por feito que si o Cádiz necesitara os puntos na última xornada o Almería saería ao campo de vacacións e a velas vir...
A permanencia está moi cerca pero ainda non está feito, espero certificala mañán mesmo.
A saír de novo coa artillería.
Ainda que quizáis poderíamos saír con Bamba de titular e Hugo Álvarez saindo na segunda parte como revulsivo, pois penso que nese rol pode ser moito máis perigoso e facerlle máis dano ao rival que saindo dende o inicio, ou é unha intuición que tengo.
Que Hugo, igual que Douvikas, son xogadores que fan máis dano entrando en segunda parte con rivais xa máis desgastados.
A ver si Larsen fai outro goliño, que xa lle vai tocando.