Eu tiven a sorte de ver o partido no templo e quedeime encantado. Incluso o resultado, aínda que me fode de carallo, non empañou unha noite caralluda. Emocioneime coma un parvo con Oliveira dos Cen Anos nada máis entrar ao estadio. Que fermosura, por favor!! Logo gocei coma xa esquecera de que os nosos lles xogaran ao mesmo nivel a uns tíos que custan 100M€. A imaxe do equipo contra un rival de tanto poderío económico foi excelsa. E que dicir do ambientazo, perdón, A M B I E N T A Z O que había en todo o estadio, liderado por suposto desde Marcador Baixo. Esa nova grada vainos dar moitos puntos e moitas alegrías. Cero dúbidas.
As únicas pegas, o resultado e a arbitraxe. Desgraciadamente, tendo diante a quen tiñamos, xa asumira que algo así pasaría. Por iso non me amolou tanto como quizais debería.
Gañas tolas do seguinte!!!