Mal partido.
Ao equipo custoulle entrar no partido, pero cunha presión intensa forzan erros rivais en zonas perigosas e saben aproveitar eses espacios. Un gol nunha xogada aillada aclara o panorama, dame a sensación de que os pon nerviosos, e facilita as cousas. Pero que non nos engane, na primera parte xa se viu o que serían os goles: moitos desaxustes e deixando moitos ocos.
Na segunda nos empatan por mérito de Vicente Moreno e demérito de Benítez. O primeiro cambia o esquema, aumenta a mobilidade deles, perdemos as referencias e nos mete no seu propio caos. Os xogadores andan perdidos e o sistema está roto, deixando ocos para que entren eles como queren. Benítez, en cambio, fai (ou como mínimo permite) que o equipo deixe de facer o que estaba a facer ben, plántase 15 metros máis atrás e lles facilitamos a vida. Amáis, vendo que non sabiamos reaccionar non fai ninguna cambio para intentar cambialo ritmo do partido. Mala lectura. Non contento con ese erro, cando marcamos nos mete irremediablemente na área a achicar balóns cos seus cambios. Da gusto ver que comezamos a saber xogar a ese fútbol, pero eu prefiero evitar esas situacións.
Ao final gañamos de casualidade, pero esa victoria non debería ocultar todo o que se fixo mal.
Insisto, mal partido sobretodo a nivel defensivo. Para coller a Carlos, Unai, Fran e aos laterais e facelos volver a Vigo trotando. PERO, e este é un pero importante, convén no extrapolar o visto onte ao resto da liga. Contra a Real e o Real o mesmo equipo estivo concentrado e fixo moitas cousas ben. Que non podemos competir cos Betis, Athletic, etc? Por que non, se xa competimos con equipos mellores? O que hai é que saír ao campo concentrados, non coma hoxe.
Xogando coma hoxe perderemos moito máis do que gañemos.