E a min paréceme moi ben , cada un que se sinta como queira , pero non entendo iso de relacionar o viguismo , con que se lle pite a un tipo ao que lle pitaron en todos lados , Coruña incluída , que non creo que sexa viguista , co modo de ser dunha afición plural na que hai de todo , e que sinceramente , serei corto , pero non sei que ten que ver iso con pitar a Vázquez , e xa a modo persoal a min nunca me fixo falta un falabarato populista como Caballero para sentirme máis ou menos orgulloso da miña cidade que ten virtudes e taras como teñen todas , que eu xa andaba polo manco , os viños e por Churruca con xente de Valencia , Zaragoza e moitas partes que flipaban co ambiente e o aperturismo desta cidade moito antes de que aparecese ese señor dende Madrid envolveito na bandeira de Vigo a facerse dono e monopolizar a fórmula de como ser un bo vigués .