Dejando de lado lamentos que no vienen a cuento en el hilo del partido que nos puede devolver a Europa después de una década, yo he de decir que excepcionalmente esta semana sí estoy tenso. La verdad es que no lo estoy nunca; conmigo lo de ir partido a partido funciona de maravilla, no tengo ni que forzarlo. Si se gana, bien, si no, la siguiente semana será. No me estreso nada durante la semana; solo los minutos que dura el partido en cuestión.
Sin embargo, por desgracia y se admita o no, la fiesta de esta última jornada pretendía ser principalmente una celebración de nuestra vuelta a la Europa League. Ahora quedarnos con la miel en los labios duele, cuando ya habíamos interiorizado la ilusión. Y yo no tengo especial interés en inventos de competiciones de quita y pon como la Conference. Pero tampoco quedarnos fuera de ambas, una vez ya había asumido volver a Europa, con lo que ello supone directa e indirectamente para el futuro del equipo.
En fin, hay que ganar sí o sí. Si no acabamos séptimos, para mí el bajón será muy grande. Ojalá no lean los jugadores este tipo de cosas, que bastante presión tendrán ya, pero las sensaciones son esas. Que se note qué equipo quiere más estos puntos y que estemos más acertados que contra el Rayo. Confío en que así será.
Totalmente. É que máis alá da ilusión de xogar en europa que é moita pola miña parte, é unha oportunidade única de consolidar proxecto e adiantar procesos e escalas no equipo.
Por outra banda, só no económico quedar séptimos supón directamente uns 7M e pico máis que novenos+ un mínimo fixo en europa salvo catástrofe absoluta duns 10M que a pouco que o fagamos decente na fase de grupos e pasemos a octavos podémonos ir a 15-17M. É dicir fácilmente podemos sacar ao redor de 20M nunha tempada na que reducimos bastante o límite salarial. De aí para arriba. É moito moito diñeiro de dios, por Larssen ao Celta chegoulle menos diso.
Todo isto só de maneira directa e rápida, outro aspecto sería a ventá que se abre de atraer patrocinadores de maior envergadura ou cuantía.
A capacidade de recuperación económica dos erros do pasado, que nos levou a un axuste grande cun balance económico anual moi negativo, aceleraríase unha barbaridade dándonos unha posición de forza sen a necesidade de vender (máis ben malvender) pezas fundamentais que non queremos.
Todo isto co que parece por primeira vez en anos, un proxecto claro en marcha no que se une por fin teoría e práctica, cunha base moi importante de xogadores da canteira asentándose cada vez máis e tendo a capacidade de ir a por certos retoques en 3-4 posicións estratéxicas a mellorar que se acertamos nos dan un salto de nivel importante.
O sábado xogámonos moito máis que pasearnos por europa e recibir en balaídos a un Milán ou un Chelsea, que no plano sentimental é o bonito do fútbol. Acelera o proxecto dunha maneira na que poucos no club creo que contaban.
Oxalá saia ben, coido que se virían cousas moi bonitas no futuro a medio prazo.