Agardando o comment de Siareiro...
Enviado desde mi SM-A546B mediante Tapatalk
Ahoramismo lo imagino tumbado en un banco de la estación de Canfranc, tapado con mantas viejas y maldiciendo a Oscar Puente mientras abraza a su hijo, como si fuera un pasaje de La Carretera de Cormac McCarthy.
Ou A Piedad, Manolo no tren deshidratado sostendo ó heredeiro agotado durmindo nos seus brazos
Enviado desde mi SM-A546B mediante Tapatalk
A ver, fillos do demo!!!!
A noite deu moitísimo de Deus de sí, pero aquí estamos, levantando o país.
Chegamos para xogar o partido, aínda que fose se cambiar e directos desde o AVE.
A escena da Piedad que relatas, se non é vero, é ben trobatto. Bastante parecida. Ata as 3 da mañá de troula e as 6 xa en Atocha. Ahí durme o que poidas, chegar e para o campo.
Pero a experiencia que se leva, vaille durar toda a vida de Dios. Se xa estaba moi fodido con esta enfermedade, agora xa és terminal. Éche o que hai.
Eu fun ao partido moi tranquilo. Xa dixen que iba máis a agradecer que a festexar, aínda que ninguén lle torce o fuciño a un éxito así.
Ne con o gol perdin a fe, porque se algo ten este equpo é que transmite fe e ilusión. Despois chegarán ou non as cousas, pero sabes que van facer todo por conseguilas.
A previa monumental!!! Catro horas antes, aquelo xa estaba infestado de celtistas por todos lados. Unha cousa impresinante. Aquí foi onde tiven o único momento de dúbida, porque se levábamos xa ese ritmo faltando 5 horas para o partido, non me vía capaz de aguantar o nivel hasta que empezase a rodar a bola. E oes, non só aguantamos, se non que fumos a máis a medida que o equipo o necesiteu. IMPRESIONANTE O CELTISMO.
Por certo, impresionante Marián en consello de dirección. Pasando do xantar oficial coa directiva do Xetafe porque non tiñan o corpo para actos protocolarios e paseándose horas antes polos bares de Xetafe entre celtistas. Baño de masas impresionante e ben merecido-.
Impresiontante o recibimento ao bus. Impresionante a grada celeste.
Aquí sorprendeume, porque contra o meu criterio, foi moita máis xente do Xetafe ao partido do que eu pensaba. Honor a eles, que ata nun partido de churrascada no que só xogábanse a honra, asistiron moitísimos ao Coliseum e esa sensación de que xogábamos de local foi tal, pero moitísimo menos do que podía ser.
Na grada, pois eu penso que 5000 fácil. Penso que o aforo do partido foi uns 12000 máis ou menos. E ao final, víase ben na celebración cun fondo completamente celeste e os currunchos das gradas laterais adxacentes tamén. Se non éramos a meitade dos presentes, pouco lle faltaría.
Especialmente contento por ver a moitísimo coñecido do foro desde fai moitísimos anos de Dios, clásicos do celtismo e, que carallo, unha de xente nova que é unha garantía de éxito para o futuro. Abonouse o terreo e de aquí ten que nacer algo espectacular.
A disfrutar. Eu aínda non podo falar (case que mellor pensarán algúns).