cando se puxeron á 2, eu non albiscaba vitoria por ningures....esas triplas safáron a dios, menos mal
pois para mín musa foi a mellor,...pero destacada eh!, o resto tiveron "cousas", pero a mais regular foi musa
hai unha cousa de anne que non chego a entender, e non vexo coma tí que saiba ó que precisa ó partido cada intre...cando ía-mos gañando ben, semellaba que a tipa xogaba coma se estivese á cousa 10 abaixo, os ataques non chegaban nin á metade da posesión (nese intre foi cando se me víu benitez á cabeza a min tamén, para que lle puxera trankimazín ó partido)
que ben nos viña á brasuca/angoleña/ou nin puta idea alta esa que tiñan elas...precisamos unha pivote xa
e igual xa vai facendo falla que lle dén pábaixo a esa parte da bancada, que teñen ahí empotrada nos fondos..hoxe non era cheo, pero se lle achegaba muito....ambientazo
pd...coma se explica o das loitas?...é alterno?...porque tivemos duas seguidas?..non entendín nada desa historia...é cousa da mesa/arbitr@s¿?
Xa dixen de Anne que tivo algunha “veleidade”, como un pase atrás sin mirar cando entraba a dividir a zona. Menos mal que elas tampoco estiveron finas nos últimos minutos. Pero, en xeral, sí que tentou dar algo de pausa ao subir a bola nos dous últimos minutos. Ahí tamén axudóu Clementine, e Laura xa o fai de seu, sen necesidade de que ninguén llo explique. Tampouco digo que fose cousa de todo o partido; foi máis ben dos últimos minutos, como o día de Perfumerías. Todo hai que decilo, a Cristina non lle mola nada o basket control e normalmente é a primeira que as manda correr. E a maioría delas xa se precipitan soliñas. Por exemplo, lembra un dos últimos ataques e con doce segundos na xogada o balón chega a Robin que decide cascarse un triple. Que fallóu, menos mal que sin consecuencias… Noutra xogada non se decatóu de que nun saque de fondo quedaban cinco segundos de xogada (a pesar de que o berraron desde o banquiño, pero só en castelán) e decidiu dar un pase cando lle chegóu a bola tendo posición de tiro. Eso de mirar ao marcador de cando en vez debe estar sobrevalorado para esta xeneración…
Concordo co de Musa; no conxunto do partido foi a máis constante.
O da loita foi curioso. Aquí no foro debe haber quen o explique mellor que eu, pero alá vou. Supoño que lembraraste que antes resolvíase cun salto entre dous, pero xa fai uns anos que decidiron que cada vez que se pite unha, o balón concédese a un equipo, alternando. Para saber a quen lle toca a quenda, hai unha frechiña cravada nun palitroque na mesa que sinala o ataque que se beneficia a vez seguinte. Neste mundo tecnificado e cheo de computadoras con estadísticas decidiron que para controlar eso un da mesa xirase a frecha co seu dediño. Pois ben, hacia o final do terceiro carto pitaron unha loita na nosa defensa e recuperamos a bola porque a frechiña estaba a favor. O xogo seguiú pero ninguén lembrouse de cambiar a frecha. No último carto houbo outra loita na sua defensa e lles tocaba recuperar a bola, pero a frecha seguía indicando a favor noso. Houbo un pequeno desconcerto porque algún dos árbitros intuía que algo non estaba ben, pero a cousa quedóu do noso lado. Estiveron a falar na mesa, pero só modificaron o reloxo do tempo de xogada. Xa o compensaron logo con un par de decisións apañadas, circulen, circulen…
🤣 A brasuca/angolana é Lola Pendande. Non ías mal encamiñado, porque según Wikipedia é de orixe de Guinea-Bissau, pero ela nacéu en Almería e é internacional con España. Xa estivo en Vigo coa selección en maio e foi ao Europeo (era a única suplente de Raquel e de Laura Gil, así de mal estamos na posición de pivot). A min parecíame mala como pegarlle a un pai (desde que a vin en maio melloróu) pero o nivel da Liga española é o que é. Supoño que si a Colinas se lle ocurre pedir precio de algo parecido ten que ter o desfibrilador á man por si acaso…
O das bancadas non debe estar nin como plan de emerxencia. Se non se fixo co playoff, coido que non se fará nunca. Non sei se chegado o caso non preferirían xogar nas Travesas. O ano pasado foron unha vez porque había en Navia un campeonato de xudo todo o fin de semana. O aspecto era de estar moi vacío, aínda que fósemos os de sempre. Ás xogadoras moloulles por dous motivos: pola pista en sí e por que alí están todos os trofeos: as Ligas e as Copas. Moitas non sabían para qué equipo estaban a xogar. Coido que eso é algo que esta directiva debería tratar con máis cariño.