Si, perdemos 48-73, mais eso non é importante. Ane e TD non estaban convocadas (pero estaban alí) e Regi tocada. As que si estaban convocadas eran Uxi, Cloe, Naiara e Paula. Eso si é importante. O que aconteceu durante o partido tampouco é importante. Nos fixemos cartos a ritmo de 12 puntos e elas os fixeron a ritmo de 20, mentras o necesitaron. O normal cando as súas pivots son máis áxiles, rápidas e precisas que as túas aleros. No terceiro carto, cando xa estaba claro qué tipo de partido era, elas dedicáronse a adestrar ataques contra defensas pechadas: balón adentro, Raquel distribúe afora, unha xogadora distinta de cada vez, e tiro. Eso tampouco é importante.
O importante foi que quince minutos antes de abrir as portas, é decir, unha houra antes do partido a fila para entrar daba a volta ao pavillón de Navia. Hoxe non quedou un asento libre e aínda había xente polos pasillos superiores. Nenos e maiores que berramos na presentación das nosas, incluindo entre as nosas a Alba e a Raquel. O importante foi que Uxi xogóu bastantes minutos e que cando no último carto meteu unha canasta a celebramos como se nos puxera diante no marcador. O importante foi que Cloe xogou uns tres minutos antes do descanso e Naiara e Paula sairon ao final. O importante foi que cada vez que unha delas entraba na cancha o pavillón víase abaixo. E que cando rematou o partido non podían deixar de rir.
E entón a cancha encheuse de nenos e nenas que asaltaron ás xogadoras; fotos e autógrafos por toda a pista. Dimos ás nosas unha ovación como se o resultado tivera sido outro e voltóu sonar (“a petición de Cristina”) Oliveira dos Cen Anos. Esto tamén é facer celtismo, Marián. Vinte minutos despóis de rematar alí seguían Alba, Raquel e tamén Queralt e algunhas das nosas. Ledas, sorrintes, sen prisas, atendendo a todo o mundo. Facendo afición ao baloncesto, exercendo de espello para moitas das rapazas que soñan con chegar un día ás súas cotas. O que aconteceu no eido puramente deportivo esquecerase pronto; todo o demáis permanecerá na memoria.
Hoxe, o importante foi a ilusión. E a ilusión é o cimento sobre o que podemos construir algo moito máis grande, con máis ambición. Tantas como foron na historia do baloncesto feminino en Vigo o merecen.
PS. Dúas cousas máis. O Valencia Basket é un equipo señor. Polo comportamento das súas xogadoras e por respetar sempre a un contrario que xoga na mesma categoría que elas, mais non na mesma liga. Nesta temporada algúns equipos que nos gañaron en Navia aproveitaron a derradeira posesión co partido resolto para se dar unha homaxe e, por riba, rirse de nos. Éstas non.
E outra. Doulle o MVP a Uxi. Porque si. Eso é o verdadeiramente importante.