sorpresón total..non daba un pataco por girona
así que esta xornada de "sauna" (puto calor facía)..rematóu coma se merecía este equipo..parabéns!
pd: musa despedíndo-se?..muito dicía adeus onte
outra pd: a toussard esta con pinta de globbertrotter non á podíamos fichar ouqué?..se está no bembibre muito non cobrará
e agora estaría ben barrenar a quen lle damos porta..ideas?
Mira; aquí hai un camiño. Parabéns a Baxi pola clasificación para o playoff:
?s=61
Lembremos que Baxi ascendeu fai tres anos, descendeu fai dous e voltou a ascender fai un como campeón da Challenge. E que xogan nunha cidade cinco veces máis pequena que a nosa.
Non teño nin idea do que van facer; de entrada, onte mesmo Cristina lembrou que voltamos a chegar tarde a fichar para a próxima tempada (por non asegurar a categoría antes). De feito, que varias xogadoras nosas estaban a ser chamadas por axentes e que eso podía ter desestabilizado un tanto nas derradeiras xornadas.
Como os contratos son de tempada, penso que o primeiro que tentarán será atar o que podan do plantel que temos e, a partir de aí, ver que fichamos. Se poden facer só tres fichaxes (esaxerando) non farán catro. Non creo que a mentalidade mude moito.
Pero aquí vimos xogar e ésta é a miña opinión, perfectamente acodado na barra do bar.
Rematamos a tempada con 1.919 puntos anotados (hai tres equipos peores ca nos) e 2.123 recibidos (dous peores ca nos). Hai que mellorar nas dúas zonas. Sufrimos para defender equipos con varias xogadoras exteriores (melloramos ao longo da tempada gracias ao xogo de conxunto) e sufrimos para atacar equipos con pivots moi altas (porque non adoitamos xogar de outra forma). E o físico pásanos factura ao final dos partidos, tanto pola escasa rotación como por falta de poderío.
Supoño que Anne e Sara seguirán. Xa foron as primeiras en renovar a tempada pasada e representan ao Celta de toda a vida. Anne foi de máis a menos na tempada e Sara merece máis minutos. Regi foi, para min, a que máis creceu este ano. Tanto, que supoño que terá ofertas para equipos da clase media tipo Ibaeta, Gernika, Estudiantes e así. Sería para min un obxetivo a atar, ainda que tamén penso que precisamos unha base alta e tiradora. Principalmente, que aporte puntos desde o exterior e nos permita defender alto.
Xa sei que Haidara te mola, pero é que non a vin aprender nada na tempada. É tremendamente áxil e veloz, o que a axuda a defender, pero non entende o xogo de ataque e non ten man. Terminou a tempada como a empezou, empotrándose contra defensas e non sei decir se a cantidade de xogadas de ataque que estraga é compensada polas que mete. De feito, a principio de tempada era do pouco ao que agarrarse, pero foi perdendo importancia según melloróu o xogo de conxunto. É moi nova e pode mellorar, pero non sei se é un luxo que nos podamos permitir. Con Musa estivo claro desde o primeiro momento. Supoño que tamén terá ofertas.
Elba (vaia partidazo onte) tamén progresou esta tempada. Ten das millores mans do plantel. É xogadora de primeira, e tamén moi nova. Eu a renovaría sen esperar moito. A única dúbida con ela é o aspecto físico, que limitoulle minutos durante a tempada. Oxalá tivéramos unha Elba coa man que ten e o físico de Haidara.
TD ten a edade que ten, e o ano que ven terá un máis, claro. Se tivera cinco anos menos non estaría aquí. Viña de dar a luz e a primeira parte da tempada non aportou case que nada. Deixounos unha xeira de tres ou catro partidos entre febrero e marzo nos que o desempeño foi estratosférico (para nos), pero de Jairis para acá, voltou caer. Déixame dúbidas, pero é a típica xogadora que penso que tentarán renovar rápido porque non creo que teña ofertas para voltar a un nivel superior e pode aportar veteranía a un vestiario con paxaros na cabeza. Se a renovan, hai que asegurarse de que chegue físicamente lista ao principio da tempada.
Robyn non seguirá, case o aseguraría. É o tipo de xogadora que ven a Europa a buscar estadísticas, pero o seu xogo non foi consistente. Seguro que hai aleros mellores na Challenge, como demostran Howard ou a propia Toussant de onte. Ou a Imane Tate que encontrou o seu sitio en Ensino (quedaron fora dos playoff) despóis de pasar por Leganés e Zaragoza. Non sei se alguén estará a facer seguimento da Challenge.
Samson… non sei. Irregular, hai partidos nos que se ven arriba e partidos nos que se esconde. Penso que por timidez. Pero tamén ten unha idade para andar a pagar esas peaxes. Non cabe dúbida de que ten un bo manexo de balón e cando está de si, é a tiradora máis fiábel do plantel. O problema é que non sabes cando vai a estar de si. E penso que ten cualidades defensivas que non explotamos o suficiente (a individual que lle fixo a Howard na primeira parte en Vigo). Eu esperaría. Ela non sei se nos esperará, claro.
Laura Prats aportou en fases da tempada. Despóis dun ano sen xogar pola lesión, tardou en coller a forma, pero é absolutamente normal. Me parece unha diésel intelixente, que comprende o xogo e que aporta na rotación; o mesmo te sube a bola, que tira de tres que fai de ala pivot. Unha multiusos ao gusto de Cristina que nun plantel de doce ten sitio. Penso que a renovarán.
E, claro, queda Musa. Non sei qué lle podemos ofrecer para quedar, máis alá do noso cariño e rendición incondicionais (que non é pouco). Ou a qué estaría ela disposta a renunciar por quedarse. Pero non sería xusto para ela.
Resumindo, penso que precisamos fichar altura, cabeza (experiencia, veteranía, pausa e calma cando é preciso) e tiro. A lo menos, tres xogadoras que suban moito o nivel. Unha ou dúas (se Musa marcha) pivots dominadoras e máis cerca do 1,90 (mellor por encima) que do 1,85 (o que mide Musa), e que non sexan Nina; dúas tiradoras que aseguren máis de doce puntos por partido cada unha, unha das cales poda xogar como base. E ter un plantel de doce xogadoras. Non podemos andar a xogar o blackjack outro ano.