Voto pola dúas, sen negar que algunha pieza e mellorable.
Eu vexo o equipo tipo: Matea, Brynna, Clem, Cooper e Haidara, e coido que é técnicamente superior a calquera alineación do ano pasado. Pode que menos intenso en defensa (que o ano pasado tamén costou o seu tempo), mais indiscutibelmente mellor en ataque. Melloraría ainda máis cunha pivot dominante: Coulibaly, Fam, Musa (sniff). Coido que Blessing non está a ese nivel e Sila mellorou moito respecto á que vimos fai dous anos, pero non asume a responsabilidade de liderar e está evidentemente superada pola situación. Poden ser bos complementos se o equipo funcionase rodado e calquera vai a aportar máis que TD o ano pasado. Laia me parece unha boa xogadora algo desaprovechada polo momento, capaz de aportar regularmente máis do que aportaba Elba no tempo que estivo aquí. Lucía e Ariadna deixanme máis dúbidas. Coido que Lucía non mellora á Regi do segundo ano e é demasiado parecida a Matea en estilo de xogo, non muda o ritmo, só da descanso; quizáis está a notar o salto abrupto de Challenge. E Ariadna, síntoo, pero non son capaz de ver qué aporta en cancha. Sara xa sabemos o que da no pouco que xoga; alomenos, o xoves tentou de insuflar carácter.
Coido que para saír desta situación hai que resetear. Traballar co equipo titular no básico, empezando por voltar a facer cousas sinxelas para ir aumentando a variedade progresivamente. Conseguir que manteñan a concentración todo o partido. Ten que mellorar a condición física; non están a chegar derrengadas ao final dos partidos, pero teñen que ser moito máis intensas en defensa, asfixiar ás contrarias como elas nos fan a nós, ser moito máis rápidas á hora de chegar aos espacios e facerse fortes porque hai que ir ao choque con determinación, non con medo. Esto é baloncesto profesional, non xogo recreativo de patio de colexio. E se todo eso da resultado mellorará a confianza pouco a pouco. A curto prazo, hai que conxurarse para gañar a Araski.
E temos que deixarnos de paxariños do tipo “imos a aguantar nos primeiros cuartos para rematar al final”. Eso é moi mala mensaxe para un grupo inconstante. Primeiro, non nos da para ir tan sobradas (a non ser que internamente se recoñeza que non lle deron a importancia que ten a planificación física); segundo, non vin un só partido das nosas riváis no que non vaian a saco desde o primeiro minuto, con máis calidade ou con menos. E nós, sobre todo fora da casa, saímos como bolboretas e cando nos queremos dar conta xa estamos abocadas a remontar os partidos, non a dominalos. En ningún partido desta liga conseguimos impoñer o noso ritmo; sempre xogamos ao que marca o contrario e nós reaccionamos a eso. Ou non.
Non sei se se plantexarán cortar a alguén ou aproveitar a duodécima ficha (que lonxe queda aquelo de pretemporada de deixar sitio ás juniors). Pero se o están a pensar, podemos discutir qué posición hai que reforzar, pero ten que ser alguén con galóns e carácter. Non medias tintas para “completar” o plantel. E no futuro, prestar máis atención a esos aspectos.