Home, quero creer que a cortamos nós. Sorpréndeme que sea a única. Foi dando apertas a cada unha das xogadoras, dos membros do corpo técnico e ata ao presidente. Do que non tenho nin idea é de se hai sustituta xa. O ano pasado demos a vai a a Nina por estas datas e logo non ver ninguén. Pero e que este ano precisamos unha pivot potente.
Sobre o partido: cousa mala, perdemos. Cousa boa, competimos sen baixar os brazos ata o comenzo do derradeiro carto, cando acabaron unha diferencia insalvable e rematamos o partido coa segunda unidade. Non foi como os partidos do primeiro tercio da tempada; pareceuse máis aos dous últimos contra Zaragoza e Ensino. Non todo foi bo, na primeira mitade, por exemplo, esquecimos o tiro exterior e tivemos os erros habituáis en defensa, pero fomos moito máis presionantes. Ainda que chegamos ao descanso perdendo 30-39, gañamos o segundo carto.
O que sucede é que Jairis es un equipo compacto. Non son da nosa liga. A risco de que se interprete mal o que vou decir, xogan como homes. Son grandes, moi rápidas e executan cunha enerxía e precisión das que nós non somos capaces. Tamén son duras, violentas ás veces, con total consentimento por parte dos árbitros. En resumen, meten medo. E foron a saco desde o salto inicial. Creo que Cristina tivo que pedir tempo con 8-0 en menos de dous minutos, porque nin siquiera tiñamos a oportunidades de fallar ataques. Ainda así, fomos recuperando e equilibrando o partido ata o final do terceiro cuarto.
Para cualquera que vise o partido de preto (non sei cómo se apreciou por television), e inexplicábel que terminásemos con vinteún faltas e elas con quince. É inexplicábel que elas remataran o terceiro carto con dúas faltas e nós, alomenos, con sete ou oito (a pesares do cal, só perdemos o carto por tres puntos, que xa eran doce de diferencia acumulada). Que no derradeiro carto, co pescado vendido, tamén levaran só dúas ata entrados nos dous minutos finais. É inexplicábel que unha placaxe ao pescozo non sexa falta ou que lles permitas contactos continuos que buscan minar física e moralmente mentras a ti pítanche cualquera cousa. É inexplicábel que Chelsea Nelson non fose descalificada, incluso xa na primeira parte, porque pitáronlle unha técnica, pero fixo méritos para polo menos tres. O arbitraxe contra Casademont foi sibilino; o de hoxe foi descarado. Perderíamos igual, probabelmente, pero queima.
Prefiro agarrarme a que o equipo ven de dar un pasiño. Seguramente, ainda non é suficiente pra garantir nada. Os problemas de fondo en defensa seguen a estar aí. O rebote segue a estar aí. Clem está superior (20 puntos, 36 minutos xogados), Bryanna mellorou (12 en 22) e Matea ten días (7 en 30). Hoxe traballou máis do normal en defensa, pero tardou en soltarse en ataque, cometendo erros individuais e sen conseguir xerar situacións de tiro cómodo (nos precisamos cierta pausa para atrevernos a tirar, que Jairis non concedía). Cooper leva dous partidos frouxos (dous puntos hoxe) e o notamos. Pero, en conxunto, damos a cara e vendrán outros rivais.
De entrada, o Gernika o sábado que ven. E no día de Inocentes, Baxi en Navia. Fai un mes, sería difícil pensar en competir. Agora penso que podemos.
Por certo, Ensino apalizou a domicilio a Ibaeta. Estamos cinco equipos empatados a tres victorias, máis La Seu que ten catro e Baxi, con cinco.