tanto tén, xa os vín en directo esta tarde (á 2ª metade somentes)...e ufff valencia fixo sangue a gusto (chegaron a ir 30epico arriba)...meteron un mangallón ó final (que non me quedéi co nome, pero bicharraco) pero nin así fechaba ó rebote basket-coruña...lima e figueroa (creo que se chamaba) bueeeno, e o brandon taylor este aínda menos mal..non sei, aínda falta, pero deron unha imaxe hoxe bastante pobre, e ó 3º cuarto foi un puto espanto en serio..ó final espabilaron un chisco e algo fixeron...pero ufff teñen que poñé-las pilas
no outro (que foi ó que fun ver)...foi unha castaña tremenda até mediado ó 3º cuarto (pero malo de bostezar), e a partires dahí, breogán subíu intensidade en defensa, e un peido de partido convertéu-se nun final ben intenso e guapísimo (tivo ó breo á derradeira para empatar e mandar á cousa á prórroga, pero erróu hilliard)..non sei nin cantas técnicas lle pitaron á obradovic (coméu a ourella dos árbitros cousa mala, e nick calathes tamén saía dos tempos mortos directo ós arbitros á dá-la chapa, nun puto partido de verán)..non xogóu mike james (putada), pero si papagiannis, korkmaz, montejiunas, strazel, ellie okobo, diallo..e toda esta xente
do breogán quedo con jordan davis, e gostéi tamén do base charlie moore que tivo un pedazo pique con strazel que molóu muito
...e para rematar á cami do breogán (hummel) é unha puta preciosidade...en serio cousa bonita de camiseta