Vai comezar unha nova tempada da NBA e con cambios.
Están agora a falar do tema de dar descanso ás estrelas, estratexia que se está poñendo cada vez máis de moda. Maiormente consiste en non facer xogar certos xogadores moi cargados de partidos para reservalos para outros máis importantes, nomeadamente de play-off. Claro, isto a nivel de publicidade e ingresos non interesa, e no país da liberdade e do liberalismo, iso non é aceptable, así que... posiblemente dende esta tempada en diante, un adestrador non ha poder aliñar o que lle saia do carallo e reservar xogadores, porque o diñeiro manda. A pregunta xa a poñen sobre a mesa algúns adestradores: se un xogador se manca neses partidos "de la basura", quen se fai responsable? Ou simplemente "o que pasou, pasou"?