Mañán comeza o mundial de balonmán 2023, con sede en Suecia + Polonia.
As favoritas son as habituais Dinamarca e Francia, pero ollo con Suecia que ten bo equipo e xogando na casa seguro que darán moita guerra.
España vai cunha baixa moi importante na convocatoria, Aleix Gómez, con problemas físicos. Na lista sí está o galego e celtista Rodrigo Corrales, un gran porteiro. A ver que poden facer os "hispanos", competirán forte seguro.
Noruega é outra candidata pero chega con dúbidas polos problemas físicos de Sagosen, o seu mellor home, que leva lesionado bastantes meses.
Moitos partidos daranos en aberto por Teledeporte, pola web de RTVE e tamén pola web (ou Youtube, non teño claro) da IHF (international handball federation).
A ver que depara, iremos comentando na medida do posible.