O fóra de xogo é unha cuestión de branco ou negro, non hai interpretación que valga, ao menos neste do partido de onte (o subxectivo é valorar a influencia en xogadas de non participación directa, pero non é o caso). Aí está a gravidade do asunto, posto que non hai nada que interpretar como pasa nas mans, por exemplo. Ou é ou non é. E para iso precisamente está o VAR como ferramenta, para dar soporte aos árbitros en xogadas de si ou non. É un erro moi grave.