Diría que o Valencia está a tirar de personalidade para sacala situación adiante: canteiráns para suplir fichaxes que non chegan, a ascendencia de Baraja e o campo cheo. Ademáis, Baraja non parece manco coma adestrador, xa o ano pasado conseguiu facer un equipo dunha banda en descomposición. A ver se lles duran os folgos, a pelexa constante coa realidade da dirección debe ser agotadora.
Por outra banda, o Sevilla dende 2013 xogou o partido inaugural na casa en seis ocasións e non gañou en ningunha.