En verdade con aplicar o reglamento como se facía non hai moito tempo xa estaría, non fai falla reinventalo fútbol. Os básicos non se respetan demasiado: Reiteración de faltas? Amarela. Simulacións? Amarela. Protestas? Amarela. Pérdidas de tempo? Amarela. Con iso xa acabas con moita tontería.
Despois está o tema de fixar un baremo do que se debe pitar. Non pode ser que cada mínimo contacto sexa falta, así é como chegamos aos faltitas e os penaltitos de cada partido. As xogadas non deberían xulgarse por unha captura de pantalla, sen contexto, como fai o VAR.
Eu teño a sensación de que estas cousas de sentido común deixáronse de aplicar porque a caverna mediática se acostumou a poñer aos árbitros na diana por calqueira merda que non lles parecía ben, e agora dase barra libre a ese comportamentos. Por exemplo, se un árbitro non lle pita os piscinazos a Vinicius estamos toda a semana con que non se protexe ás estrelas. Despois claro, o baremo non é o mesmo para tódolos equipos, pero a tendencia é a de equilibrar por abaixo porque outros clubes tamén sacan comunicados.