E que este equipo con Claudio cando tivo que cumplir cumpliu , cada vez que o Cadiz se achega saimos e ganamos , a unica vez que nos recortaron de maneira seria foi por que xogamos contra un Atletico que xa sabemos como é , e ainda así gañaron xustiño , i este equipo por poñer un exemplo foi a Sevilla xogándose a vida recén cesado o adestrador e sacou o partido a pesares de arrancar perdendo . Iso si , sempre hai unha razon para que gañemos , que si expulsións contra o Vilareal , que si o Bilbao xoga andando , que si Las Palmas non se entera , que si o Sevilla errou varias claras , que si isto e o de mais alá , nunca acontecen cousas pola actitude e o encare do Celta nos partidos senon por que os rivais son así e sempre nos regalan algo , e pola contra parece que o Cadiz e o Milán de Sacchi .
Non estaría mal confiar un pouco na xente , meréceno , e a min particularmente estes meses lin cousas que me molestaron bastante , que ollo , non me parece mal que a xente diga que hai que estar a o loro que o futbol e como e , estou falando das contas da leiteira esas raras de que vamos ir a certo campo a levar nos dentes ou tal equipo vai vir a Balaidos e nos vai gañar sen despeinarse , e cando iso non aconteceu , e que si tivemos sorte coas expulsions , que nos regalaron o partido , etc ... sempre hai unha excusa .