Os siareiros das Palmas nos poderán contar mellor o que hai/houbo. A mín dende fora non me parece tal, o partido en Mestalla que foi o punto de inflexión, xa que foi o primeiro que gañaron dende febreiro ben o puideron perder e contra 10; e contra un Walking Dead. Os equipos son dinámicas, estados de ánimo, entran mil cousas. Nós mesmos vimos como se lle caeu o equipo a Carvalhal, ou como non arrancaba con Cardoso e coa recuperación de Iago, voilá. É que inflúen moitos factores. O de facer a cama pasa, pero non creo que tanto, é máis como toparlle unha explicación rápida e sinxela a unha problématica cecáis máis compricada e con múltiples factores que se nos escapan ós que non estamos ahí dentro, no día a día.
Dito isto eu non daba un pataco por eles visto o partido de Mestalla (por ningún dos dous), pero claro é que estabamos en Outubro aínda. Todo un mundo, de feito non é que fixeran gran cousa que ben poden estar no efecto gaseosa de adestrador novo e voltar ás andadas nun par de xornadas.