O tema non debe ser tan legal cando entra de oficio a fiscalía , e si fose tan legal sería público e con luz e taquígrafos , na miña opinión sin ter nin idea e vendo o delito que se investiga , que se chama corrupción entre particulares , e que seguro que o tema e moi descarado pero que non poden metelo como soborno e se sacan da manga ese delito para poder meterlles man , opinión ollo , non teño nin idea .
Ata a data, a fiscalía entra porque pode que haxa presuntas facturas falsas. É dicir, págase por servizos que non se prestaron.
Teñen que explicar moi ben porque pagan 1,4 millóns de euros por informes VERBALES en concepto de asesoría. E que valendo a pasta que valen, pois haberá que xustificar por qué se fai de forma "verbal" e non hai ningún tipo de soporte dunha información tan presuntamente valiosa.
Ata aquí o tema "penal".
Despois xa temos o tema deportivo e ético.
Hai que telos cuadradísimos para contratar a empresa do vicepresidente do CTA.
Por esas cantidades desorbitadas.
E que non haxa confilictos de interés e ninguén diga nada.
E que os informes sexan por dicir de qué pe calza o árbitro nas súas actuacións (máis ou menos dialogante, máis ou menos proclive aos cartóns, etc.), cando eso o pode facer calqueira cun mínimo seguimento e a un prezo moito menor. Cona, que se me pedisen a mi prezo, fágolles unha boa rebaixa e os invito a licor café.
E que xusto cando Enríquez cesa nas súas funcións no CTA, precisamente (puta casualidade) cesan os pagos do FC Barcelona á súa empresa.
Todo eso son indicios aplastantes de que algo hai. Polo menos unha desvergonza e unha caradura descomunal.
Pero necesítase algo máis que indicios para empurar a un clube. E máis a ese clube, que riete ti da campaña que van a organizar como alguén quera meterlle man.
Ou teñen probas sólidas de que con eses pagos conseguíase dar ordes explícitas aos árbitros para favorecer ao Barça (vexó imposíble e improbable) ou non pasará nada. Como moito, se teñen probas sólidas de que poidesen cambiar designacións arbitrales desde o CTA por árbitros máis maleables (máis posible e máis problable). E con todo eso, dúbido que pasase algo tamén.
Para min é unha mostra máis de "dime de que presumes y te diré de que careces". Cada vez que me falan de "valors", escápame unha risa.