O tema non debe ser tan legal cando entra de oficio a fiscalía , e si fose tan legal sería público e con luz e taquígrafos , na miña opinión sin ter nin idea e vendo o delito que se investiga , que se chama corrupción entre particulares , e que seguro que o tema e moi descarado pero que non poden metelo como soborno e se sacan da manga ese delito para poder meterlles man , opinión ollo , non teño nin idea .
A ver, cheira a morto de mala maneira, pero unha cousa é o que todos estamos a pensar e outra o que poidas probar.
Penalmente: hai unhas facturas por servicios que non se sabe se foron prestados ou non. Facturas hai. E os pagos por elas tamén. O que está a dicir a Fiscalía (e Facenda), que esas facturas dos tres últimos anos por valor de 1,4 millóns de euros por qué carallo son.
E contestan que por "informes verbales".
Bueno, non sei, pero eu por 1,4 millóns de euros fágollo por escritos, a doble línea, Arial 12, inteliñado e bailo en bolas diante seu cando lle entregue o informe.
En definitiva, que non colan eses pagos por eses "servizos".
E se os calzan, vai ser por corrupción entre particulares. Ou dito doutra forma, sacar pasta do clube por pagar por cousas que non existen.
E despois está o tema deportivo, que cheira pero moi mal.
Penalmente están investigando os tres últimos anos, pero resulta que eses pagos lévanse facendo por moitos anos máis. En concepto de qué? E pode o vicepresidente do CTA trincar dun clube? E por "informes arbitrales"?
É todo tan noxento, que máis alá de si o presunto delito prescribiu ou non a efectos deportivos, teríase que remover ceo e terra para poñer as cousas claras e depurar responsabilidades.
Está toda a competición en dúbida por presuntas irregularidades gravísimas. Non vale escudarse de que non pode haber efectos deportivos agora porque xa prescribiu todo (de cómo se fixo e quen fixo a lei para que prescriba podería falarse tamén). Hai que chegar ao fondo do asunto e quen teña que quedar retratado, que quede.
Pero xa che digo eu o que farán: NADA.
Porque na súa concepción (a da RFEF, e tamén a da LFP, por moi digno que se poña Tebas) non pasa nin remotamente que o FC Barcelona poda recibir algún tipo de sanción que poña en perigro o seu estatus. Porque entenden que sen o FC Barcelona, a competición cae e prefiren manter unha porcallada noxenta antes que facer limpeza.
Vos escoitastes algún presidente dalgún club facendo algunha declaración ao respecto?
Ao presidente da RFEF ou do CTA, máis alá para dicir que Enríquez xa non traballa aquí e cando estaba por aquí non facía nada?
Algún membro do CSD ou o Ministro de Deportes?
Patada palante e que pase rápido e fora. Pero isto é unha puta vergoña.