A caverna está destatada , os medios de toda pelaxe van en tromba , o Bernabeu vai empezar a partires do proximo partido a facerlle unha homenaxe a Vivicius no minuto 20 , lle preguntan a calquera que teña que ver co futbol polo tema , a os que dan respostas tales como que non creen que España sexa un pais racista , os poñen ahi en pequeno , os twiters de futbolistas extranxeiros adestradores e xente que pasaba por alí poñéndonos a parir sin seguramente saber o que pasou o poñen ben grandes , como o de Neymar , un señor que apoiou a Bolsonaro , pero non nos trabuquemos , o que están facendo non ten nada que ver con acabar co racismo , este problema xa sucedeu mais veces e nunca ata hoxe se montou a que se está montando , isto ten que ver con seguir tendo a sartén polo mango , mira que me caen mal , pero a partir de hoxe non me gustaría estar no pelexo dos arbitros cada vez que Vinicius estea no campo ,dende o partido de Valencia a liga está contaminada xa mais do que estaba , xa que os arbitros que piten contra o Madrid van sair acojonados ante o sinalamento .
Madrid , a moitos niveles , estase convertindo nun problema moi serio para este pais .
Eu vou máis alá, e postos a ser mal pensados, e sobre todo, vendo o último comunicado do Madrid no que piden "cambiar o estamento arbitral", vou pensar que todo isto está moi dirixido e cun fin moi claro. Que non sei se está planificado milimétricamente (non o creo) ou aproveitando que teñen a un bufón que vai montando o número por onde pasa, aproveitan para meter baza e saírse coa súa.
Explícome.
A acusación de Vinicius é cara á Liga. O comunicado do Madrid pon no foco ós árbitros.
Os dous podrían dicir que España ten un grave problema de racismo, ou de educación, ou que hai actitudes cotidianas que compre cambiar.
Pero non. Disparan á Liga. E xa de paso, ao CTA ou RFEF (tanto ten).
Que digo eu, por pensar mal, se non terá que ver cun intento de desprestixiar (aínda máis) á Liga e cargarse de argumentos para intentar reflotar a SuperLiga esa.
E todos engordando o circo este, cando, en liñas xerais, non se atopan actitudes destacables de racismo nos estadios. En LIÑAS XERAIS, insisto, que sempre hai casos.
Xa despois, que ao frente da LFP esté un señor que é bastante incapaz no tema de comunicación e cunha afinidade ideolóxica moi marcada, pois non axuda nada.
E do CTA xa non falo porque caladiño estou máis guapo. Pero Tapia 4 partidos (será tamén porqué é negro, ou moreno de máis) por un comentario fora de lugar, e o bufón pode berrarche na cara, insultar, aplaudir e facer os xestos que lle saia do carallo pero non o vaiamos a emplumar... non vaia ser que diga que é por racismo, que estase a perseguir ás víctimas, etc etc.