Fala principalmente castelán pero se lle preguntan en galego intenta responder en galego. Gústame.
Na rolda de prensa véselle moi seria e esixente. A estas alturas non podemos falar de ascenso pero fala do Abanca B e Friol como rivais directos, dando a entender que a idea é estar ahí arriba.
Non avanza nadiña do equipo. Hai dúas xogadoras presentadas e están a falar con moitas máis. Están contentos coa acollida e a resposta que están a ter pero aínda queda moito traballo. A plantilla debería quedar definida para a pretempada, a mediados de xullo.
O corpo técnico aínda están a definilo. Mara e Humberto (o coordinador) son os únicos fixos, con conversas con outra xente que esperan se aclaren pronto.
Sobre o campo di que esperan que as obras de A Madroa acaben o 15 de xullo e comezar a pretempada a semana seguinte.